22 jun 2021

Rematamos...

Meus queridos artistas:

Grazas a tod@s por cada sorriso,  mirada, palabra, idea, pensamento, sentimento, emoción... compartidos ao longo deste curso.

 Sempre vos digo que sodes extraordinari@s e gustaríame que nunca o olvidedes... voade para ser o que queirades ser.  

Sempre estaredes nos meus recordos e no meu corazón.

Grazas equipos... 💚🧡💙💛




Revista "Anaquiño"

 Este curso en vez de imprimir unha revista para todo o alumnado, decidimos facer un código Qr... os peques xa están moi afeitos a velos e a usalos, entenderon perfectamente que así gastamos menos papel e coidamos a natureza.

Están moi orgullosos de que o mural qye fixemos de Xela Arias esté na portada do Anaquiño. 



19 jun 2021

XOGAMOS...

VAMOS VER CANTO SABEMOS DO UNIVERSO..


PREME NA IMAXE


CANCIÓN " NO UNIVERSO HAI"

                          APRENDEMOS ESTA FERMOSA CANCIÓN SOBRE O UNIVERSO...

COMPOSTA POLO PROFE CABANA.


PREME NA IMAXE..

GALAXIAS


O NOSO SISTEMA SOLAR ESTÁ DENTRO DUNHA GALAXIA CHAMADA VÍA LÁCTEA... VEMOS IMAXES E OBSERVAMOS COMO SON: FAN ESPIRALES, TEÑEN DIFERENTES CORES...SON FERMOSAS!

APRENDEMOS COMO PODEMOS FACER UNHA GALAXIA EN ESPIRAL...


E AGORA QUE XA TEMOS UNHA IDEA, IMOS FACER UNHA GALAXIA PARA DECORAR A CARPETA DO PROXECTO POLA PARTE DE ATRÁS,

O RESULTADO É INCRIBLE..

                          

                          

E POLA PARTE DE ADIANTE...NON PODÍA FALTAR UN ASTRONAUTA PARA PODER VIAXAR POLO ESPACIO...



17 jun 2021

AS ESTACIÓNS DO ANO


 XURDEN MOITAS PREGUNTAS EN TORNO A ESTE PROXECTO, UNHA DELAS É PORQUE ÁS VECES VAI FRÍO E OUTRAS CALOR, E IMOS PASANDO
 AS ESTACIÓNS. 



NA CASA PODEDES FACER ESTE EXPERIMENTO PARA QUE O POIDAN ENTENDER MELLOR...

14 jun 2021

O SISTEMA SOLAR


 IMOS VIAXAR AO ESPACIO PARA COÑECER UN POUCO MELLOR O NOSO SISTEMA SOLAR...PLANETAS, SATÉLITES, COMETAS, METEORITOS, GALAXIAS....

PERO...COMO SE FORMOU ? 


IMOS SABER  MÁIS DO NOSO SISTEMA SOLAR...


TODA A SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO O SITEMA SOLAR, 
FACENDO UN MURAL PARA A CLASE...


E TAMÉN UN SISITEMA SOLAR INDIVIDUAL, 
PARA QUE TOD@S O TEÑAN NA CASA...







13 jun 2021

COHETES


OS COHETES SON OS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE NOS PODEN LEVAR AO ESPACIO. APROVEITAMOS O DESPEGUE DOS COHETES PARA TRABALLAR A SERIE NUMÉRICA HACIA ATRÁS, O QUE IMPLICA MÁIS ATENCIÓN E COMPRENSIÓN DO NÚMERO...

20-19-18-17-16-15-14-13-12-11-10-9-8-7-6-5-4-3-2-1-0....

USAMOS DIFERENTES MATERIAIS PARA CREAR OS NOSOS COHETES. UN TRABALLO COLABORATIVO POR EQUIPOS...
A CREATIVIDADE É FABULOSA!

CON REGLETAS

BLOQUES DE CONSTRUCCIÓN DE MADEIRA

PAUS DEPRESORES DIFERENTES

PEZAS TANGRAM

10 jun 2021

A LÚA


HAI MÁIS DE 50 ANAOS QUE CONSEGUIMOS CHEGAR Á LÚA...USAMOS ESTA IMAXE PARA ESTABLECER UN DIÁLOGO CON PREGUNTAS E RESPOSTAS QUE FAGAN PENSAR AOS NENOS E NENAS...

 A LÚA É UN  ASTRO QUE PODEMOS VER DESDE A TERRA, AOS NEN@S CHÁMALLE A  ATENCIÓN POR QUE ÁS VECES A VEMOS REDONDA E ÁS VECES NON...

AS FASES DA LÚA...


E PARA DIVERTIRNOS E MOVERNOS UN POUCO...

A MÚSICA NON PODE FALTAR.

8 jun 2021

DECENAS E UNIDADES



XA SABEDES QUE OS PALILLOS ME PARECEN UN MATERIAL FANTÁSTICO, QUE ESTÁ AO ALCANCE DE TOD@S E PERMITE MÚLTIPLES USOS.

AS MATEMÁTICAS PODEN E D 7thEBEN SER DIVERTIDAS,  LÚDICAS, E  FUNCIONAIS...PERO SOBRE TODO MANIPULATIVAS, PARA MANTER A ATENCIÓN.

CADA PALILLO REPRESENTA UNHA UNIDADE E UN PAQUETE DE 10 PALILLOS REPRESENTA UNHA DECENA.

ASÍ ENTENDEMOS AS CANTIDADES, PODEMOS SUMAR, RESTAR ... 
DUN XEITO MAÍS SINXELO.